CRTVG

Buscar

Chega a Galicia o concepto 'brinner': almorzar á hora da cea

Publicado o 12/08/2021 22:14

Se xa coñeciamos o termo 'brunch', a mestura entre o almorzo e o xantar, agora preséntanse novas propostas gastronómicas moi estendidas en capitais europeas coma Londres. Falamos do 'brinner': un almorzo que se serve á hora da cea.

Son pratos tipicamente pensados para comezar o día, pero que nun establecemento da Coruña xa se poden degustar entre as seis da tarde e as once da noite. A filosofía desta cociña é que calquera hora do día é boa para almorzar, por iso engadiron na carta o chamado 'brinner': un almorzo que se serve para cear e que inclúe pratos salgados e tamén doces.

Noticias web

12/08/2021