CRTVG

Buscar

Chega a España o material sanitario doado por Inditex

Publicado o 23/03/2020 19:20

Chega a España o material sanitario doado por Inditex

Un avión procedente da China con 1.396.000 máscaras e 74.650 traxes de protección, doados pola multinacional téxtil Inditex, chegou hoxe a Zaragoza.

O avión, un Boeing 747 de Atlas Air procedente da China, chegou ao aeroporto de Zaragoza ás 11.37 horas desta mañá.

Todo este material para evitar o contaxio dos profesionais sanitarios que tratan enfermos de coronavirus foi cargado en camións no mesmo aeroporto para a súa distribución por toda España.