CRTVG

Buscar

Chegan a Cucutá os primeiros avións procedentes dos EUA con axuda para Venezuela

Publicado o 16/02/2019 21:45

O primeiro dos tres avións de carga C-17 da Forza Aérea dos Estados Unidos con axuda humanitaria para Venezuela chegou este sábado á cidade fronteiriza colombiana de Cúcuta procedente dunha base no estado da Florida.

O avión aterrou esta tarde no aeroporto Camilo Daza de Cúcuta con suplementos nutricionais para preto de 3.500 nenos que sofren desnutrición e equipamentos de hixiene para unhas 25.000 persoas máis.

Mentres, en Caracas o líder opositor venezolano volveu falar hoxe nun evento cos integrantes dunha rede de voluntarios que traballará no ingreso das doazóns... Juan Guaidó chamou ás protestas a nivel nacional para próxima semana ante o bloqueo

O presidente da Asemblea Nacional asegurou estar disposto a "facer o necesario" para lograr a chegada a Venezuela da axuda humanitaria.

Noticias web

16/02/2019