O Camiño de Santiago ilumínase con 44 estrelas Michelin
EFE
EFE
Un total de 17 cociñeiros que suman 44 estrelas Michelin visitaron este luns a praza do Obradoiro antes de acender os fogóns para participar no evento gastronómico Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago, que organizan o restaurante Casa Barqueiro e a Xunta.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá os chefs que participan na nova edición da acción gastronómica solidaria no marco da programación do Xacobeo 21-22. A iniciativa Estrelas no Camiño de Santiago celebrarase en Casa Barqueiro, en Negreira, onde os cociñeiros chegan despois de percorrer un tramo do Camiño de Fisterra-Muxía á súa entrada en Santiago.
Na comida -para a que se completou todo a ocupación- haberá unha destacada presenza de produtos agroalimentarios galegos de calidade cos que un ano máis cociñeiros da talla de David de Jorge, Eneko Atxa, Jordi Cruz, os irmáns Torres, Nacho Manzano, Ángel León ou os galegos Javier Oleiros, Lucía Freitas, Manuel Costiña ou Miguel González, elaborarán os seus menús.