Charles, a fichaxe galáctica do Pontevedra
Publicado o 31/07/2020 16:19
O dianteiro de Belém deixa o Éibar para volver ao seu fogar
Temos unha fichaxe galáctica na 2ª B. Charles Diaz volve a Pasarón.
Dez anos despois e con familia, volve a Pontevedra o fillo pródigo. Charles deixa o Éibar, co que marcou seis goles na última temporada, para volver ao seu fogar, ao Pontevedra, onde xa militara durante seis temporadas.
El será o estandarte dun novo proxecto en que os granates aspiran a estar entre os mellores. Charles asina un contrato vitalicio. Cando se retire, Charles seguirá vinculado ao Pontevedra.