CRTVG

Buscar

A ludomanía nos mozos, educar en prevención

Publicado o 07/04/2021 14:03

Xerardo, un dos directivos de AGALURE, chegou a endebedarse por milleiros de euros por culpa do xogo ata que decidiu pedir axuda. Leva 15 anos rehabilitado. Iniciouse sendo un adolescente.

A mesma idade dos alumnos do Centro Integrado da Baña que hoxe asistiron a unha das charlas que imparte nun proxecto promovido pola Deputación da Coruña para previr a ludomanía. E é que cada vez afecta mozos máis novos.

Outro dato que impactou os alumnos da Baña: na asociación atenderon un mozo de 24 anos, doutor en Matemáticas, que acumulou a débeda máis alta por culpa da adicción ao xogo: 3 millóns de euros.

Noticias web

07/04/2021