CRTVG

Buscar

Chapela logra unha histórica clasificación para a Bandeira da Concha

Publicado o 01/09/2021 18:46

A traiñeira feminina de Chapela conseguiu a sétima posición na clasificatoria da Concha e estará por primeira vez na súa historia na gran cita do remo. Cabo e Perillo quedaron ás portas, a só tres segundos de estar entre as sete elixidas. 

Chapela viña de ser a segunda clasificada da Liga Galega. Fixo un gran primeiro longo, metidas na pelexa coas mellores e redondearon o traballo no de volta cunha apertadísima clasificación. Sacáronlle un só segundo a San Xoán e tres ás compañeiras galegas. 

Noticias web

01/09/2021