CRTVG

Buscar

Chapela e Samertolameu buscan o podio no Campionato de España de bateis

Publicado o 23/04/2021 21:23

oaña acolle esta fin de semana o peche a temporada de bateis coa celebración do Campionato de España

O sábado son as probas clasificatorias, nas dúas categorías, masculina e feminina. No peirao de Meira viviremos unha batalla que estivo dominada nos últimos tempos polas embarcacións vascas. Na procura da sorpresa están os dous mellores equipos galegos, Samertolameu e Chapela.

Samertolameu, o campión galego masculino, terá que loitar contra dúas potencias con remeiros da ACT: Santurtzi e Ziérbena

Cinco clubs galegos contra dous vascos.

Tamén Chapela, na categoría feminina, examínase ante o dominio vasco de Deusto e de San Xoan

Ultimamente a hexemonía vasca é clara: 5 ouros nos 6 últimos campionatos.

33 embarcacións galegas repartidas en 8 categorías dende este sábado en Moaña
 

Noticias web

23/04/2021