CRTVG

Buscar

Chantada súmase á lista de concellos en nivel laranxa

Publicado o 10/03/2021 14:57

Chantada incorpórase á lista de concellos en nivel alto despois de aumentar os contaxios. O cambio a peor pilla a moitos por sorpresa. No nivel laranxa a mobilidade limítase só aos once concellos na mesma situación.

Hai a que non lle afecta o cambio pero tamén quen ten que organizárense de novo. Os principais cambios aféctanlles aos hostaleiros. Só poden estar abertas as terrazas ao 50 % e deben pechar ás seis da tarde.

O paso de nivel, que entra en vigor o venres, non muda o límite das reunións. Poden ser de ata catro persoas non conviventes.

Noticias web

10/03/2021