Chantada sobe en nivel vermello e Monforte baixa a nivel laranxa
Publicado o 07/11/2020 20:56
O aumento de casos activos en Chantada fixo que o municipio estea agora en nivel vermello.
Na rúa xa se advirte menos movemento de veciños. O temor ao contaxio e as medidas de contención como o toque de queda repercuten directamente nos negocios.
A hostalería permanece aberta, coa barra pechada e o aforo á metade; nas terrazas ao 75 por cento.
Urxe unha recuperación. Va en beneficio de todos, por eso o recomendable é saír só en caso de necesidade.
Xunto con Chantada, na provincia de Lugo tamén están en nivel vermello de máxima alerta sanitaria a capital, Viveiro, Cervo e Burela. Monforte mellora a súa situación e queda agora en nivel laranxa, como xa estaba Palas de Rei. En Guntín aumentaron os casos e pasa de amarelo a laranxa.