CRTVG

Buscar

Diploma para Chano Rodríguez nos seus sextos xogos paralímpicos

Publicado o 25/08/2021 13:23

Rebaixou o tempo que fixera na serie e a súa marca mínima para estar en Toquio

Diploma para Chano Rodríguez nos seus sextos xogos paralímpicos

O incombustible Chano Rodríguez, con 64 anos, disputou a súa vixésimo segunda final tras clasificarse co oitavo mellor tempo para a final dos 200 metros libres S5: 2:53.65.

Na loita pola súa décimo sétima medalla nos seus sextos Xogos Paralímpicos, rebaixou o tempo que fixera na serie e a súa marca mínima para estar en Toquio cun tempo de 2:52.12, pero non foi quen de superar o oitavo posto.

Diploma paralímpico para o incansable nadador vigués mentres que nesta mesma proba vivimos a segunda medalla para a delegación española, a segunda tamén de prata, para o catalán Antoni Ponce só superado polo italiano Bocciardo.

Noticias web

25/08/2021