CRTVG

Buscar

Chano Rodríguez acada outro diploma na final da remuda mixta de 4x50

Publicado o 26/08/2021 13:16
Chano Rodríguez acada outro diploma na final da remuda mixta de 4x50

Despois do diploma acadado onte nos 200 metros, hoxe ás dúas da mañá Chano Rodríguez volveu á piscina de Toquio para participar nos 100 metros libres S5. Quedou fóra da final ao marcar o noveno tempo das series con 1:19.45.

Facendo honra da súa capacidade de persistir, dúas horas despois o vigués foi quen de clasificarse para a súa vixésimo terceira final na remuda do 4x50 metros libres mixtos despois de acadar o segundo mellor tempo nas series: 2:29.24.

Na final, a parella española da que forma parte o vigués foi quinta clasificada marcando un tempo de 2:25.66, nunha proba na que China bateu o récord do mundo cun tempo de 2:15.49, Italia foi prata (2:21.45) e o bronce foi para o Brasil (2:24.82).

Noticias web

26/08/2021