CRTVG

Buscar

Chandrexa de Queixa, a piques de acadar a inmunidade de grupo

Publicado o 21/06/2021 14:42

Nunha aldea de Chandrexa da Queixa de tan só 7 veciños xa están todos inmunizados. A máis nova é Luísa, de 52 anos. É a realidade de boa parte das aldeas deste concello da montaña, un dos de menor densidade de poboación de toda a provincia. Non chegan a tres persoas por quilómetro cadrado. A maior concentración de veciños atopámola na capitalidade, no único supermercado da zona. A súa propietaria acaba de recibir a segunda dose.

Cristina rexenta o único bar aberto. Ela é das poucas que aínda está sen vacinar en Chandrexa, aínda que xa ten cita para esta semana. Máis do 70 por cento da pobación de Chandrexa ten máis de 50 anos, iso fai que xa estean a piques de acadar a inmunidade de grupo. Dos preto de 500 veciños cos que conta, case o 65 por cento xa teñen a pauta completa, polo que son o concello de Galicia con máis inmunizadoas, pero tamén o que ten máis persoas vacinadas, o 80 por cento da poboación ten polo menos unha dose da vacina posta.

Noticias web

21/06/2021