CRTVG

Buscar

Chaman preto de 5.000 veciños a un cribado para frear o aumento de casos na Laracha

Publicado o 08/05/2021 14:05

Preto de 5.000 veciños de entre 20 e 59 anos foron convocados por SMS a participaren neste rastrexo.

As probas desenvólvense no centro de saúde da localidade, en horario de mañá e tarde, e rematarán este domingo ás nove da noite.

Os participantes esperan atallar a repunta de casos o antes posible.
A Laracha ten nestes momentos 27 casos activos de covid-19. Cunha poboación de pouco máis de 11.400 veciños implica unha incidencia acumulada de algo máis de 236 casos por cen mil habitantes en catorce días. A expensas dos resultados deste cribado, a situación mellorou respecto de onte e antonte.