CRTVG

Buscar

Chamamento urxente á solidariedade desde o albergue Xoán XXIII de Santiago

Publicado o 14/12/2020 14:41

O albergue Xoán XXIII de Santiago fai un chamamento urxente á solidariedade nestas datas de Nadal. Toda axuda, aseguran, é pouca para poder frear a situación de precariedade que afrontan milleiros de persoas que perderon o seu traballo pola pandemia. 

O Nadal deste ano será difícil para milleiros de familias ás que a irrupcion do coronavirus colocou en situación de precariedade.

De aí o chamamento urxente á solidariedade lanzado polas entidades que traballan cos máis necesitados, entre eles o Centro Xoán XXIII de Santiago.

Ademais da recollida de alimentos, o centro busca este ano de pandemia aportacións económicas destinadas a paliar outras necesidades.

As medidas sanitarias obrigaron a reducir de 25 a 10 o número de prazas disponibles neste centro onde recoñecen que no Nadal sempre hai unha sensibilidade maior cos máis desfavorecidos, pero que as necesidades irán en aumento e tras as festas virán momentos moi duros.

 

Noticias web

14/12/2020