CRTVG

Buscar

Chamamento de Caballero a todos os progresistas para que non quede ninguén na casa

Publicado o 10/07/2020 21:33

Gonzalo Caballero aproveita as últimas horas de campaña para facer un chamamento a tódolos progresistas. Pídelles que non quede ninguén na casa, que non se perda nin un só voto. Se o fan, Caballero asegura que o domingo a noite, Galicia terá un presidente socialista. Nesta últimas horas de campaña, o líder socialista estivo arroupado polo ministro, José Luis Ábalos. Finalmente non puido estar o presidente do Goberno. O avión no que ía viaxar Pedro Sánchez sufriu unha avaría.

Noticias web

10/07/2020