CRTVG

Buscar

Challenge da Volta a España: catro días de ciclismo profesional feminino en Ourense e A Coruña

Publicado o 13/07/2021 15:56

Impulso ao ciclismo femenino en Galicia. Catro días de ciclismo femenino na Provincia de Ourense e A Coruña. Catro etapas coincidindo co final da Volta a España 2021. Do dous ao cinco de setembro.

É a Challenge da Volta a España en termos femeninos. Presentouse esta mañá en Cabeza de Manzaneda. Estase celebrando desde 2015.

Primeira etapa con principio en Manzaneda e final na Rúa, cento dezaoito quilómetros. Ao dia seguinte, cronoescalada individual en Cabeza de Manzaneda de sete quilometros.

A terceira etapa comezará en Manzaneda e finalizará na localidade do Pereiro de Aguiar. E a última etapa comezará nas Pontes e finalizará en Compostela coincidindo co final no Obradoiro da Volta a España.

As etapas vanse disputar en horario matinal. E hai moitas posibilidades de que o Team Farto de Pontevedra participe na Challenge da Volta a España. Hai vinte e catro equipos e o equipo do Lérez é o único galego inscrito como profesional na Union Ciclista Internacional. En poucos días podería haber confirmación

Noticias web

13/07/2021