CRTVG

Buscar

Ceuta entra en nova normalidade e Galicia segue sendo a comunidade coa incidencia máis baixa

Publicado o 22/06/2021 18:31
Ceuta entra en nova normalidade e Galicia segue sendo a comunidade coa incidencia máis baixa

O Ministerio de Sanidade rexistrou este martes, con datos achegados polas comunidades autónomas, 4.040 novos casos de coronavirus, dos que 1.799 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 831 rexistrados o luns, o que eleva a 3.768.691 a cifra total de persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose, situándose nos 92,25 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 92,46 notificado onte polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 30 máis e rexistráronse 68 na última semana. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 80.719 persoas.

Actualmente hai 2.691 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 728 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 298 ingresos e 440 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 2,19 por cento e nas UCI no 7,80 por cento.

Noticias web

22/06/2021