CRTVG

Buscar

Celta B - Deportivo, unha final en forma de derbi na G2

Publicado o 11/03/2021 22:21

A gran cita do fútbol na fin de semana é o derbi de Barreiro. O Celta B recibe o Deportivo coa lembranza do acontecido en Riazor, a vitoria por 1-2 dos pupilos de Onésimo.

O partido é fundamental para ambos os equipos. O filial celeste quere asegurar a súa posición entre os tres primeiros e os coruñeses están obrigados a gañar para buscar unha carambola que os beneficie. Moito en xogo nun partido que poderán seguir o domingo na nosa segunda canle.

Noticias web

11/03/2021