Cestas de Nadal para mercar en liña menús elaborados por cociñeiros de prestixio
Eliminar as barreiras físicas para poder desfrutar da gastronomía galega en calquera parte. Un novo proxecto en forma de cestas de Nadal que busca achegar menús de chefs galegos por todos os recunchos do país. Un xeito máis de apoiar o sector da hostalería nestes tempos difíciles.
Deste xeito un galego poderá tomar o clásico aperitivo deste restaurante en calquera parte de España. Pero é só unha modalide, porque cada chef elabora varias opcións de cestas con diferentes menús e prezos. Só hai que encargalas na plataforma online de Chef Chef.
Este proxecto de raíces galegas e de impacto global, nace como iniciativa da marca de innovación ALL para dar resposta á transformación que a Covid-19 está provocando na hostalería e no xeito de consumir. Unha iniciativa que pretende ir máis aló destas datas festivas, chega para quedar.
Coas incompletas xuntanzas do Nadal polas limitacións da pandemia, faltarán os cociñeiros habituais en moitas casas. Pero non hai escusa para unha boa cea, con Chef Chef a mellor gastronomía galega pode chegar a calquera fogar do país.