CRTVG

Buscar

César Portela, primeiro arquitecto en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias

Publicado o 16/06/2021 21:39

O arquitecto César Portela ingresou este serán na Real Aacademia Galega de Ciencias. É a primeira vez que o fai un profesional da arquitectura. No acto de ingreso quedou claro que a decisión non puido ser máis acertada. Portela explicou no seu discurso que "a boa arquitectura cabalga ao unísono entre a arte e a ciencia". Pola súa banda, a institución recoñeceu a "inmensa e plural" obra arquitectónica de César Portela.

Xa dixera nalgunha ocasión o arquitecto pontevedrés que "a arquitectura é como o cine". Hoxe defende que arquitectura "cabalga entre a arte a ciencia".

Aspectos científicos que fixeron a obra de Portela eterna, dentro e fóra das nosas fronteiras. Premio Nacional de Arquitectura, o home que está detrás destes espazos quere que os desfrutemos. Que parecese que navegamos pola ría de Vigo no Museo do Mar de Galicia, que contemplásemos o horizonte no Faro de Punta Nariga, que a sede de Afundación de Pontevedra fose un complemento da cidade, da súa cidade.

Libre nun cemiterio que se afrerra á vida en Fisterra, na casa do Home na Coruña, noutra a casa, na das Palabras, que nos recorda que, non moi lonxe e tamén en Vigo, un Auditorio pode estar case no mar. Libre como o arquitecto que, aos seus 84 anos, abandeira a súa maior revolución. E como militante desta revolucuión, confésanos, non se xubilará nunca.







 

Noticias web

16/06/2021