CRTVG

Buscar

César Carballeira e Willy Duarte volven xuntos ao colexio no que principou a gran aventura chamada Liceo

Publicado o 15/06/2021 14:02

César Carballeira e Willy Duarte representan dúas xeracións de liceístas de berce que ergueron copas de campión. Hoxe volveron xuntos e orgullosos ao colexio no que principou a gran aventura chamada Liceo.

"Fai 20 anos estaba eu aquí neste patio e é un orgullo poder estar aquí e agora con 25 poder levantar unha copa do rei co club que me veu crecer", comentaba Carballeira.

Ambos son o espello das novas xeracións, que como antano, admiran cómo este club humilde é quen de sobrepoñerse a toda adversidade para entrar unha e outra vez nos dominios dos máis poderosos. Duarte, hoxe directivo, xa prognosticou no albor da campaña que este Liceo daría alegrías.

"Sabiamos que este ano íamos loitar polos títulos, íamos plantarlle cara ao Barça. Creo que teñen o ADN do Liceo, o ADN campión", dicía Duarte.

"Orgullo, raza carácter que nos representa e que levamos polas pistas do mundo adiante".

Ese carácter, din, é o mellor aval para garantir os éxitos do futuro.

Noticias web

15/06/2021