CRTVG

Buscar

Cervo, un dos 49 concellos galegos libres da covid-19

Publicado o 28/09/2020 14:29

Sen aglomeracións, con responsabilidade e tranquilidade transcorre a vida no centro urbano de Cervo.

"Pouca xente, poucos nenos, imos ao parque e non hai problemas para xuntarnos". "Vila pequena, sen aglomeracións".

O municipio de pouco máis de 4.000 habitantes, a maioría concéntranse no centro urbano da capital e na vila turística de San Cibrao, leva un mes libre da covid-19.

"Será que aquí facemos as cousas ben". "Facémolo ben, distancia social, máscara, lavado de mans".

Unha situación epidemiolóxica pola que poucos apostaban, xa que o concello, como sede que é da fábrica de aluminio de Alcoa, tamén é epicentro de moitas das protestas dos traballadores.

"Estamos orgullosos, xa que seguimos todas as normas". "Para min é unha cuestion de sorte".

Sorte e responsabilidade na aplicación das medidas de seguridade e prevención. O Concello dende o inicio da pandemia protexeu os máis vulnerables creando un servizo de atencion directa para cubrir as súas necesidades.

Noticias web

28/09/2020