CRTVG

Buscar

Cervi sofre unha talalxia no pé dereito

Publicado o 14/09/2021 22:04

Franco Cervi entra no parte médico do Celta. O extremo arxentino non se adestrou esta tarde e é dúbida por unha talalxia no pé dereito. Mancouse no transcurso do partido ante o Real Madrid no Bernabeu. Encontro en que se estreou como goleador celeste con este tanto logo dun xesto técnico espectacular.

Se evoluciona favorablemente ,podería ter continuidade no once este venres ante o Cádiz. Se as molestias persisten, Nolito recuperaría a titularidade.

Noticias web

14/09/2021