CRTVG

Buscar

En Galicia xa se pode descargar o certificado dixital da covid do Sergas

Publicado o 17/04/2021 14:42

Será un simple código QR, que xa está dispoñible a través da web de saúde do Sergas e que poderemos descargar nós mesmos. Nel incluirase toda a nosa información clínica respecto á covid.

En principio serviranos para facilitar dunha maneira áxil a nosa información sobre a enfermidade, pero no mes de xuño xa se poderá cambiar ao formato europeo, que será similar ao galego. O noso DNI sobre o coronavirus ten como obxectivo final a inmunización. Precisamente para conseguir esta seguen eses procesos de vacinación masiva á espera de que cheguen máis doses de Pfizer para poder acadar ás 150.000 vacinas á semana.


Ese é o obxectivo, aumentar o ritmo para chegar ao verán co maior número posible de vacinados. Os maiores de oitenta, a prioridade, poderían quedar totalmente inmunizados en Galicia coa segunda dose a finais de abril. Esta fin de semana, 45.000 galegos e galegas, están chamados a vacinarse.

Noticias web

17/04/2021