CRTVG

Buscar

Cero puntos en sete xornadas. O Deportivo Abanca precisa unha reacción inmediata

Publicado o 15/11/2020 15:31

Sete partidos, sete derrotas. O Deportivo Abanca pecha a liga Iberdrola con cero puntos no marcador. O último tropezo ante o Levante, con dez minutos para o esquecemento, aumenta a incerteza e a presión. Segundo o seu adestrador, Manu Sánchez, "o traballo máis importante esta semana é recuperar animicamente as xogadoras e a confianza nas súas posibilidades, porque as hai".

A diferenza de xornadas anteriores, o Deportivo chegaba a esta cita con máis descanso ao non poder disputar o partido ante o Raio por un positivo nas filas rivais. O esgotamento apunta a mental. Manu Sánchez cre a base que distinge o equipo segue estando aí: "A loita ata o final. O espírito se seguir cara adiante fronte as adversidades. O equipo non perde a fe e cre no que fai. Elas son as que nos van sacar disto e son perfectamente capaces de facelo".

O Deportivo Abanca debe reconstruírse dende atrás. En seis das sete xornadas disputadas encaixaron gol antes da media hora. Falla tamén a saída de balón e a conexión coa dianteira. Pero sobre todo preocupa a imaxe do equipo ao que este sábado en Buñol, con moi pouco, fixeron moito dano.

Noticias web

15/11/2020