Cerceda prepárase para o peche da central térmica de Meirama
Publicado o 29/06/2020 15:23

Faltan pouco menos de 24 horas para que a térmica de Meirama peche tras máis de 40 anos de actividade.
A central, un dos principais centros de produción de electricidade de Galicia, chegou a empregar unhas 300 persoas.
Naturgy comprometeuse a investir 80 millóns de euros na construción de dous parques eólicos e unha planta de biogás, pero os traballadores da térmica quéixanse da falla de concreción.
Os traballos de desmantelamento da central durarán entre 3 e 5 anos e custarán preto de 14 millóns de euros.