Centos de persoas acudiron á tradicional Feira de Reis en Redondela
Hoxe asistimos ao mercadiño máis multitudinario de todo o ano que se celebra no concello de Pontevedra. Os baixos prezos animaron moito a xente que se achegou ata alí. Mercaron produtos téxtiles, de alimentación, roupa, calzado e pan. A maioría dos postos están alí ata ben entrada a tarde.
Remexen no posto en busca dalgunha ganga. Neste día Reis, o concello de Redondela celebra a súa tradicional feira. Moita xente vai cedo en busca de verdadeiras gangas.
Dende primeira hora permanecen abertos os postos ata ben entrada a tarde. Por iso é moita a xente a que se achega a mercar.
Nesta Feira de Reis podemos atopar calzado, todo tipo de roupa, produtos agrícolas e mesmo comida.
Os prezos de saldo animaron a realizar as últimas compras de Nadal neste gran bazar conde hai máis de douscentos postos.