CRTVG

Buscar

Centos de manifestantes asaltan o Congreso de Guatemala e préndenlle lume

Publicado o 22/11/2020 09:53

Milleiros de guatemaltecos manifestáronse este sábado en todo o país en contra do actual Goberno do presidente Giammattei. As protestas culminaron coa queima dunha parte do Congreso e en duros enfrontamentos coas forzas de seguridade.

Producíronse unha vintena de detencións na capital e houbo feridos e afectados polos gases lacrimóxenos utilizados pola Policía. Os incidentes rexistráronse na protesta convocada en contra do presidente e do seu Goberno despois da aprobación dos orzamentos para 2021. Inclúen amplas reducións para temas sanitarios e de dereitos humanos.

Queima do Congreso

A manifestación estaba convocada fronte á sede goberno, e cando se aproximaba ao Congreso, centos de encarapuchados asaltaron o Parlamento e prendéronlle lume a distintas oficinas ata que os desaloxaron e os bombeiros apagaron o incendio. Para entrar racharon a porta do Parlamento e tamén as fiestras, guindaron fachos no interior e destruíron o que encontraban ao seu paso.

Os deputados non estaban no interior da sede parlamentaria. A masiva protesta con máis de 10.000 asistentes denuncia o que consideran a corrupción existente entre a clase política, e derivou en incidentes graves. Esixen a renuncia do presidente Giammattei e do seu executivo.




















































































a renunciar en conjunto para "oxigenar" a la nación centroamericana.
En Guatemala, uno de cada dos niños sufre de desnutrición y el 59 por ciento de sus 16 millones de habitantes viven bajo el umbral de la pobreza, de acuerdo a datos oficiales. Además, según informes de organismos internacionales, también es uno de los seis países mas corruptos del continente. EFE
jcm/jsg

Noticias web

22/11/2020