CRTVG

Buscar

Hostaleiros protestan na Coruña contra "o abandono das administracións"

Publicado o 02/11/2020 20:46

Manifestación dos hostaleiros na Coruña. Máis dun milleiro, segundo cálculos da Policía Local, saíron á rúa esta tarde para esixir ás administracións un paquete de axudas económicas e a supresión de impostos. Os hostaleiros manteñen que non deberían pagar tributos se non poden traballar e que cada vez que haxa restricións deberían recibir achegas. Á manifestación en apoio dos hostaleiros acudiron a alcaldesa da Coruña e mais os portavoces municipais da Marea e do BNG.

Noticias web

02/11/2020