CRTVG

Buscar

Centos de hostaleiros maniféstanse en Compostela para pedir un "plan de rescate real"

Publicado o 13/03/2021 21:15
Centos de hostaleiros maniféstanse en Compostela para pedir un "plan de rescate real"

Centos de hostaleiros de diferentes puntos de Galicia manifestáronse esta tarde en Santiago para pedir ás administracións públicas o que consideran "un plan de rescate real".

A marcha, convocada pola Plataforma na Defensa da Hostalaría Galega, partiu da Alameda compostelá con pancartas en defensa do sector e golpeando olas para facerse escoitar.

Ademais de hostaleiros, participaron comerciantes e axencias de viaxe galegas, que elixiron este 13 de marzo, o mesmo día de 2020 en que comezou o confinamento estrito, para saír á rúa e pedir un plan de rescate que palíe as dificultades económicas polas que atravesan.

A manifestación culminou na praza do Obradoiro.

Noticias web

13/03/2021