CRTVG

Buscar

Centos de galegos, afectados pola corentena británica

Publicado o 27/07/2020 16:57

Por mor dos brotes en España, o Reino Unido impuxo unha corentena a todos os que viaxen ao noso país. A decisión afecta moitos galegos que tiñan pensado vir de vacacións pero non poden permitirse estar catorce días illados cando regresen ao Reino Unido.

De momento, as compañías aéreas manteñen todos os voos. Pero moitos os viaxeiros están cancelando as reservas. Principalmente porque non poden permitirse estar catorce días sen traballar á volta de España.

A noticia tamén colleu moitos galegos por sorpresa xa aquí desfrutando das vacacións. Critican a medida especialmente pola inmediatez da súa aplicación, sen previo aviso.

O Goberno británico volveu defender esta mañá a súa decisión. Din que a corentena é necesaria ante o rápido aumento dos casos en moitos lugares de España.

Ademais, a decisión do Goberno británico non contempla ningún tipo de medida para que os afectados poidan faltar ao traballo sen consecuencias.

Non se libra da corentena nin o propio goberno Johnson. A noticia colleu un ministro e un secretario de Estado tamén de vacacións en España.

Na mesma situación están os que volvan a Inglaterra de Portugal, que xa tiñan corentena dende principios de mes.

Noticias web

27/07/2020