CRTVG

Buscar

Centos de evacuados e miles de hectáreas queimadas na vaga de incendios en España

Publicado o 15/08/2021 21:36

O incendio de Ávila comezou o sábado entre os concellos de Navalacruz e Cepeda de la Mora tras arder un coche nunha estrada. O goberno de Castela-Leon contaba con poder contralalo ao longo da xornada pero o vento forte provocou que o lume avanzara sen control. Nestes momentos afecta a oito concellos, conta cun perímetro de 40 quilómetros e queimou xa máis de 5000 hectáreas, algunhas de gran valor ecolóxico como contaba entre bágoas o alcalde de Solosancho.

 "Queimouse o que é para nós a nosa serra e perdoade que me emocione""Unha superficie grande que seguramente supere xa as 5.000 hectáreas"

Na extinción traballan unhas 500 persoas, incluida a unidade militar de emerxencias.Total José Francisco Hernández delegado territorial da Junta de Castela-León "As condicións meteorolóxicas son adversas e non queda outra que confian nos efectivos"

O concello de Ávila habilitou pavillóns deportivos para acoller os máis de 500 veciños evacuados de Villaviciosa, que se suman aos case mil desaloxados horas antes polo lume de Navalacruz.

 "Ás sete imposible, aquelo era un inferno, sacamos gando, cabalos, todo como puidemos"

Tamén houbo que evacuar os veciños de Azuébar, en Castelló por un incendio que comezou na noite do sábado debido a unha treboada seca e que ainda non está controlado.
 "A garda civil portouse ben, foron polas vivendas foron sacándono e axudando á xente maior" Total alcaldesa "O cambio na dirección do aire vai dificultar o control do lume, ademais se como esta previsto se produce un cambio de 180 graos pode achegar as lapas á poboación"

Nas ultimas horas rexistráronse máis incendios forestais, un na localidade madrileña de Batres, onde houbo que desaloxar vivendas, e outro en Castela-A Mancha, na localidade de Viso do Marqués.

Noticias web

15/08/2021