CRTVG

Buscar

Centenares de pescadores recreativos maniféstanse en Santiago contra a nova normativa

Publicado o 05/06/2021 20:43

Centros de pescadores recreativos manifestáronse esta tarde en Santiago contra a nova normativa que prepara o Goberno central.

O real decreto de pesca marítima en augas exteriores no que traballa o executivo establece que os pescadores recreativos deberán declarar todas as súas capturas e marcalas, recurta as cotas dalgunhas especies e prohibe a pesca marítima con caiac.

En Galicia hai por riba das 75.000 licenzas de pesca marítima recreativa, segundo os convovantes desta marcha, que rematou na praza do Obradoiro.

A deste sábado é a segunda protesta que organizan, tras a celebrada a semana pasada en Burela e á que se sumaron pescadores da Mariña e Asturias.

Noticias web

05/06/2021