CRTVG

Buscar

Cen persoas participan na limpeza dos fondos mariños da dársena da Coruña

Publicado o 22/09/2019 14:45

Máis de cen persoas integraron o operativo desta primeira gran limpeza dos fondos mariños da dársena coruñesa. Rubén Lucas Ayuso, coordinador do operativo explica que: "Temos mergulladores do Club do Mar, xente que vén de Ares, de Mugardos, de Ferrol. Está CRuz Vermella, a Garda Civil, Salavamento Marítimo e Protección Civil".


Oitenta mergulladores somerxéronse entre os peiraos flotantes, nunhas augas aparentemente limpas que pouco a pouco foron revelando todo o que esconden os seus fondos enlamados. "Hai xente que tira baterías, carros da compra, latas, bolsas...". "Hai bastante lixo, cun día de limpeza non chega a nada".

Cada residuo recuperado do mar depositouse en terra, nunha especie de exposición de lixo vergonzosa que pretende espertar conciencias. "É un acto simbólico para que a xente reflexione sobre o estado do mar, que é un ben moi importante". "Está cheo de lixo e é a nosa fonte de vida. É unha acción moi chula a prol do medio ambiente", comentan os mergulladores.

Esta limpeza realizouse dentro do programa do Festival Mar de Mares, que durante uns días sitúa A Coruña como a capital mundial dos océanos.
 

Noticias web

22/09/2019