CRTVG

Buscar

Celta e Lugo festexan o acordo da Liga co fondo de investimento CVC

Publicado o 13/08/2021 13:12

Hoxe arranca a Liga. O Celta debuta o domingo contra o Atlético, e aínda non ten inscritas as fichaxes deste verán. Os lucenses visitan ese mesmo día o Carlos Tartiere para medirse co Oviedo.

Onte, durante a asamblea da Liga, foi aprobado o acordo co fondo de investimento CVC. 38 votos a favor (entre eles, Celta e Lugo) e 4 en contra: os agardados Barça e Madrid, o Athletic e un cuarto equipo de segunda división que non trascendeu.

O presidente do Celta Carlos Mouriño di que a clase media do fútbol pode aspirar a algo máis e desmente o Real Madrid e o Barcelona. Non é un préstamo con intereses.

O fondo de investimento CVC inxectaría 2.700 millóns de euros nos clubs, a cambio de participar nos beneficios da Liga. Ao Celta tocaríanlle uns 85 millóns, 9 ao Lugo. A inscrición dos futbolistas xa fichados e incluso novas incorporacións, dependían do resultado desa asemblea.

No Anxo Carro tamén ven con bos ollos o contrato co fondo CVC. O director deportivo Mauro Pérez comentou que era unha boa oportunidade para poder inscribir xogadores e recuperarse das perdas económicas causadas pola pandemia.

Noticias web

13/08/2021