CRTVG

Buscar

Celta e Deportivo oficializan a rescisión e fichaxe de Claudio Beauvue

Publicado o 18/01/2020 11:26

Asina ata xuño de 2021 e xa completou a primeira sesión ás ordes de Vázquez

O Celta e o Deportivo veñen de facer oficial o traspaso de Claudio Beauvue polo Deportivo. O xogador, que acordou esta semana a desvinculación co club celeste, estaba pendente da sinatura do contrato para poñerse a disposición de Fernando Vázquez como unha das incorporacións para tratar de manter a categoría. Asina ata xuño do ano 2021 buscando os minutos que lle faltaron esta temporada en Vigo. 

Beauvue chegou en xaneiro de 2016 ao Celta procedente do Olympique de Lyon onde completara unha boa primeira parte do campionato. Non tivo sorte en Galicia cunha lesión no tendón de aquiles que o tivo afastado dos terreos de xogo durante case un ano. Logo viñeron as cesións a Leganés e Caen e esta temporada tivo que operarse do menisco. 

Noticias web

18/01/2020