CRTVG

Buscar

Celébrase o día da tortilla (tanto con cebola coma sen ela)

Publicado o 09/03/2021 21:34

Hoxe é día dun dos pratos máis icónicos, un clásico en todas as casas e tamén en todos os bares, para xantar, en bocadillo ou en petisco. Non é doada de facer, non a todo o mundo se lle dá ben, por iso quen a fai rica ten o éxito asegurado. Como este bar de Santiago, coñecido en toda a cidade pola súa tortilla.

Hai unha chea de maneiras de facelas: con chourizo, con xamón, con bonito ou con gambas. Iso para gustos, que cada un ten o seu. Pero só hai un ingrediente da tortilla que xera o maior dos debates e que nos divide en dous bandos: é a cebola. Vostedes de cal son, con ou sen cebola?

Noticias web

09/03/2021