CRTVG

Buscar

Celebran a cea solidaria de Noiteboa do Paluso

Publicado o 24/12/2020 21:15
Celebran a cea solidaria de Noiteboa do Paluso

Comezou en Santiago unha das celebracións solidarias con máis tradición en Galicia: a cea do Paluso. Este ano mantiveron a cita para que ninguén pase a Noiteboa só, pero iso si, extremando as precaucións.

A carpa que instalaron este ano na alameda é máis grande ca nunca: pasaron de 250 metros a 370 para garantir que se poidan manter as distancias de seguridade entre os comensais.

Tamén reduciron o número de asistentes, que pasa dos 300 de anos anteriores a menos de 100, e os organizadores aseguran que están a ser moi esixentes co uso da máscara.

Detrás desta iniciativa pensada para que ninguén pase o Nadal en soidade está a familia de Chus Iglesias, que rexentaba restaurante Paluso.

O restaurante xa pechou hai anos, pero eles manteñen a tradición, e levan xa 25 edicións. Mañá seguen traballando: teñen organizada unha chocolatada pola mañá e un xantar de Nadal ao mediodía. 

Noticias web

24/12/2020