Celebramos o Día Internacional da Croqueta, un prato que sempre triunfa
Hoxe celébrase o Día Internacional da Croqueta, un prato famoso e versátil, que tanto serve para aproveitar restos coma para aperitivo de luxo. Nós estivemos nun restaurante compostelán onde se fan unhas croquetas de xamón ibérico escollidas entre as seis mellores do mundo.
A croqueta inventouse en Francia e en francés a palabra quere dicir crocar. Chegou a España a mediados do século XIX e hai xa décadas que figura na carta de todas as tabernas e restaurantes. A súa base é a bechamel clásica.
A textura da bechamel tamén é importante, igual que a fritura, con aceite a 180 graos e dous ou tres minutos ao lume. Son laboriosas, pero agradecidas. Un prato universal apto para todos os gustos.
Naceron para aproveitar restos de comida, e así se seguen facendo, pero admiten calquera engadido, desde o luxoso xamón de belota ata cogomelos, peixe, verduras e o que demande o comensal.