CRTVG

Buscar

Celebramos o Día do Galego no Bierzo escoitando a nosa lingua máis aló de Pedrafita

Publicado o 09/03/2021 21:42

Celebramos o Día do Galego do Bierzo. Quixémonos sumar a esta festa galega máis aló de Pedrafita. Imos a Vilafranca do Bierzo.

É o lugar en que naceu hai máis de 300 anos Martiño Sarmiento. Foi un 9 de marzo, de aí que nesta data se conmemore cada ano o Día do Galego no Bierzo. Hoxe, arredor dun milleiro de alumnos do Bierzo estudan a nosa lingua nos seus colexios e institutos, e estes días van recibir un exemplar dun libro que explica a grande influencia do galego no carácter desta comarca.

E abonda un paseo por ela para respirar a nosa lingua.

Noticias web

09/03/2021