Dez contaxios en pouco tempo colocan Cee baixo a lupa de Sanidade
Publicado o 20/05/2021 15:09
Cee é un dos concellos que o comité de expertos ten en especial vixilancia. Na última semana houbo unha repunta de contaxios, e poderían endurecerse as restricións. Non chegan a dez os contaxios en Cee, pero producíronse en moi pouco tempo, así que o comité de expertos ten o caso baixo a lupa.
Se se endurecen as medidas, os que máis o van notar son hostaleiros como Alberto. De novo, tería que reducir a ocupación ao 30% dentro do local e ao 50% na terraza.
Con distancias, máscaras e ata fontes que botan xel na rúa agardan conter o avance dun virus que, ademais da saúde, danou moito a economía do concello. E queren facelo canto antes porque polas rúas asoman xa os primeiros peregrinos e turistas da tempada.