CRTVG

Buscar

Cedeira confirma 22 casos de covid-19, con cinco turistas confinados

Publicado o 01/09/2020 19:11
Cedeira confirma 22 casos de covid-19, con cinco turistas confinados

O Concello de Cedeira confirmou este martes que o municipio, un dos máis turísticos do norte de Galicia, conta con 22 casos activos de covid-19, "dos cales 17 son veciños e 5 visitantes que quedan confinados tamén". O consistorio comunicou que o Servizo Galego de Saúde ratificou esta información, pero o seu alcalde, Pablo Moreda, criticou a súa actitude. Aasegurou que coñeceu a incidencia en contacto co centro de saúde da localidade.

O rexedor apuntou que son "datos que en ningún momento nos notifican oficialmente, senón a través do responsable do centro de saúde, que mesmo non pode dicir o número de persoas confinadas". Deste xeito, sinalou que o "venres pasado avisaron de que unha persoa dera positivo e estaba nunha actividade do concello". "Desde ese momento, activamos o noso protocolo e persoalmente chamei", indicou, en alusión á liña gratuíta que a Xunta de Galicia establece sobre a covid-19.

Moreda lamentou que tampouco recibira información a través do centro de saúde de Cedeira ou a Xefatura Territorial de Sanidade da Coruña, a diferenza das 061-Urxencias Sanitarias de Galicia. Sobre ese servizo, detallou que tras "explicarlles o problema pasáronme cunha epidemióloga" a pesar de responder que non "era competencia deles". En redes sociais, concretou que ata a mañá de onte luns acumularon"60 horas sen saber nada de rastrexadores; un auténtico desastre", dixo. 

Fontes do Sergas aseguraron que o departamento informou "desde o inicio da pandemia da cifra total na área de Ferrol e cando houbo un gromo". Ademais, replicou que estivo "sempre ao dispor de alcaldes" e desvelou que "na actualidade os positivos" en Cedeira son 3 vinculados a un recente grpup de 10 afectados. Sobre os restantes, sinalou que son "valorados individualmente, algúns deles en estudo aberto aínda, e estanse realizando probas e corentenas". 

Noticias web

01/09/2020