Cea de gala sen glute para celebrar o fin de ano
Ser celíaco non ten por que ser un impedimento para gozar dun menú especial de Noitevella. Existen deliciosas alternativas ás fariñas con glute e xa hai emprendedores que se encargan de cociñalas para levalas á casa.
Empanada de centola, vieiras ao albariño, solombo con figos... Son algunhas das propostas deste menú de Nadal para levar á casa, apto para celíacos e amantes da gastronomía en xeral.
Fariñas de millo, arroz, garavanzo, amidóns de tapioca, de mandioca... hai mundo máis aló do trigo, e aquí demóstrano en pratos como a empanada ou a lasaña, que, curiosamente, é unha das máis demandadas para a Noitevella. E isto non remata aquí, de sobremesa temos tiramisú e bavarois de turrón.
Un paraíso do que tamén poden gozar os que toleran o glute, pero teñen alerxia a cociñar nunha das noites máis especiais do ano.