CRTVG

Buscar

CCOO ve cerca un acordo sobre pensións

Publicado o 21/05/2021 16:29

O líder de Comisións Obreiras, Unai Sordo, ve próximo un acordo sobre a reforma das pensións, pero advirte de que o seu sindicato non renuncia a ningunha das condicións para apoiar este proxecto. Unai Sordo facía estas declaracións antes de participar no congreso do sindicato en Santiago, que abre unha nova etapa.

Amelia Pérez vai ser a primeira muller que lidera Comisións Obreiras en Galicia. É a única candidatura para substituír a Ramón Sarmiento, que renunciou á reelección tras detectar unha perda de apoios. A nova secretaria xeral foi a máxima responsable do sindicato na delegación de Vigo.

Noticias web

21/05/2021