CCOO sairá á rúa o 10 de marzo baixo o lema "Memoria da loita e traballo"
Publicado o 28/02/2020 16:12

Comisións Obreiras sairá ás rúas o 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega, para demandar mellor calidade do emprego.
Baixo o lema "Memoria da loita e traballo", o sindicato vai mobilizarse en Ferrol, nunha xornada que este ano estará marcada pola crise industrial e polas eleccións autonómicas.
O secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia quere trasladarlles aos partidos varias propostas para un novo modelo produtivo.