Cazan en Vigo un home que cobrou o seguro tras simular a súa morte en Colombia
Conseguiu 200.000 euros facéndose pasar por morto. Fíxoo un cidadán colombiano que contratou un seguro de vida en Vigo e que simulou a súa morte en Colombia. A policía detectouno porque tivo a ousadía de volver a España e pedir asilo político.
O barrio vigués do Calvario era un dos lugares onde o home desenvolvía a súa vida cotiá. Contratou un seguro de vida e case un ano despois de o facer en 2005 a súa familia en Vigo acode á aseguradora cun certificado de defunción colombiano e conseguen cobrar os case 200.000 euros da póliza.
A falsa defunción producírase en Colombia, e en 2019 o home de 46 anos volveu a Vigo con outra identidade e pretendía obter asilo. Non contaba co complexo proceso que o seu expediente pasou e que fixo saltar todas as alarmas.
Interpol e Policía de Colombia axudaron a Policía Nacional a completar o quebracabezas e a deter o home. É a primeira vez que un morto resucita con outra identidade na Comisaría de Vigo.