CRTVG

Buscar

Interceptan unha nai que nunca tivo carné tras recoller os seus fillos no colexio

Publicado o 09/04/2021 11:54
Interceptan unha nai que nunca tivo carné tras recoller os seus fillos no colexio

Axentes da Policía Local de Lugo instrúen dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria, pola modalidade de xuízo rápido, tras interceptar unha nai que ía ao volante do seu coche, tras recoller os seus dous fillos menores no colexio, a pesar de que nunca chegou a sacar o permiso de conducir.

Os feitos sucederon sobre as 14:10 horas de onte, xoves, cando unha patrulla policial, que prestaba servizo nas inmediacións dun centro escolar da cidade, lle deu o alto á condutora dun vehículo que acababa de recoller os seus dous fillos menores no colexio.

Ao reclamarlle o permiso de conducir, a muller díxolles aos axentes que non o levaba encima, pero ao realizar as correspondentes comprobacións a través das bases de datos policiais comprobaron que, en realidade, carecía de carné porque nunca chegara a sacalo.

Nese momento apareceu a parella da condutora, que se fixo cargo dos nenos, mentres que ela foi trasladada á Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, onde os axentes instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade do tráfico.

A condutora enfróntase agora unha posible pena de tres a seis meses de cárcere