Cuantiosos danos nun piso que alugaron en Santiago para unha festa ilegal
Publicado o 24/04/2021 21:51
Inés avalía nuns 4.000 euros os estragos que encontrou esta mañá ao entrar na casa, situada na zona vella da cidade de Santiago.
A vivenda alugouna unha parella, un mozo e unha moza de algo má máis de vinte anos da localidade proxima de Calo para pasar a noite. Fixérono a través de Booking e a propietaria non chegou a velos.
Do que pasou entre as once da noite e as seis da mañá no inmoble dan conta os veciños que avisaron a Policía Local.
Inés agarda que un perito faga unha avaliación definitiva das perdas e asinar a denuncia dos feitos na Policía Nacional.