CRTVG

Buscar

Catro voos cancelados na Coruña e dous en Santiago esta fin de semana

Publicado o 24/08/2019 21:11

Falan os usuarios: "Estábamos con medo de que nos chegara a mensaxe, por si se anulaba... Chegamos aquí ao mostrador e dixéronnos que o noso voo estaba ben. Fatal que sempre se aproveitan os mesmos días, para afectar a todos os pasaxeiros... E non cobras! Xa nos pasou o ano pasado e aínda non cobramos".

Os pasaxeiros permanecen expectantes do correo e do móbil por se reciben aviso de cancelacións ou de cambios no seu itinerario. Algúns serán recolocados e outros perderán a viaxe, diante disto, aínda que algúns usuarios se queixan de que sexa "sempre" nunha época de tanto tráfico aéreo, outros amósanse comprensivos coas reivindicacións dos traballadores.

"Por sorte non, dinme que non se anulou o vooo. Pois nada, temos que aguantarnos e se se pode reclamar, pois reclamar. Eu creo que están defendendo os seus dereitos e ata aí enténdoo. O que pasa e que si que nestas datas é un pouco complicado, pero claro se non o fan agora, cando o van facer"...

"Hai que recorrer e a por todo! Se non te queixas, pois quédaste na nada. Cando estiven nas Canarias si que me vin afectado por unha folga. Saleu ben, pero sei doutras persoas que lles costou moito que lle devolveran o diñeiro do billete ou cambialo. Non sei se os políticos estarán xa tomando cartas no asunto, para que se poida solucionar".

En Galicia son seis os voos que se verán afectados pola folga de Vueling, dous deste sábado no aeroporto da Coruña e cancelaranse tamén catro o luns, o das 6:50 previsto dende Barcelona á Coruña e a viaxe cara a cidade condal ás 9:15 da mañá, así como outros dous no aerporto de Santiago, unha saída das sete da tarde e a volta das nove e media da noite.

Noticias web

24/08/2019